Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies aquí. Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

O Club Rugby Ferrol gaña a Liga

O equipo ferrolano proclamouse brillantemente campión da LG1 tras derrotar na final ao Keltia Ourense por un resultado de 34-17.

A final, disputada nun abarrotado campo de rugby da Malata, comezou con claro dominio local, que mercé a xogadas en continuidade da súa dianteira e liña de tres cuartos conseguía senllos ensaios poñendo o marcador nun 12-0.

Con todo, o Keltia reaccionou e cun ensaio transformado e un golpe de castigo poñía o resultado ao descanso nun igualado 12-10.

Na segunda parte, o CR Ferrol acabou impoñendo a súa maior calidade, ante un Keltia que vendeu cara a súa derrota chegándose a un resultado final de 34-17.

Os trofeos foron entregados polo Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez e polo Delegado da Federación Galega de Rugby, José María Ramberde.

Brillante título do equipo ferrolano que gañou todos os partidos disputados na competición, dando froitos de mellóraa constante do club, que nestas últimas tempadas experimentou un gran crecemento social e deportivo.

O CR Ferrol afrontará agora o play-off de ascenso a División de Honor B, xogando a primeira eliminatoria contra o Getxo B.